CMATI

|
|
|
Compartir

Conceptos de responsabilidade medioambiental

Actividade económica ou profesional

Toda aquéla realizada con ocasión dunha actividade de índole económica, un negocio ou unha empresa, con indenpendencia do seu carácter público ou privado e de que teña ou non fins lucrativos.


Ameaza inminente de danos

Unha probabilidade suficiente de que se produzan danos medioambientais nun futuro próximo.

Dano

O cambio adverso e mensurable dun recurso natural ou o perxuizo dun servizo de recursos naturais, tanto si se produce directa como indirectamente. Quedan incluidos no concepto de dano aqueles danos medioambientais que foran ocasionados polos elementos transportados polo aire.

Dano medioambiental

Os danos ás especies silvestres e ós hábitat, é dicir, calquera dano que produza efectos adversos significativos na posibilidade de alcanzar ou de manter o estado favorable de conservación deses hábitat ou especies.

Os danos ás augas entendidos como calquera dano que produza efectos adversos significativos:

1º Tanto no estado ecolóxico, química e cuantitativo das masas de augas superficiais ou subterráneas, como no potencial ecolóxico das masas de auga artificiais e moi modificadas (non terán a consideración de danos ás augas os efectos adversos aos que lles sexa de aplicación o artigo 39 do Regulamento da Planificación Hidrolóxica, aprobado polo Real Decreto 907/2007, do 6 de xullo);

2º No estado medioambiental das augas mariñas, tal e como se define na Lei 41/2010, do 29 de decembro, de protección do medio mariño, na medida en que diversos aspectos do estado medioambiental do medio mariño non estean xa cubertos polo texto refundido da Lei de Augas aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo.

Os danos á ribeira do mar e das rías, entendidos como calquera dano que produza efectos adversos significativos sobre a súa integridade física e axeitada conservación, así como tamén aqueles outros que impliquen dificultade ou imposibilidade de conseguir ou manter un axeitado nivel de calidade de aquéla.

Os danos ó solo, é dicir, calquera contaminación do solo que supoña un risco significativo de que se produzan efectos adversos para a saúde humana ou para o medio ambiente debidos ó depósito, vertido ou introducción directos ou indirectos de sustancias, preparados, organismos ou microorganismos no solo ou no subsolo.

Índice de dano medioambiental

É un índice que ten por obxecto estimar o dano asociado a cada escenario accidental, e baséase nunha serie de estimadores da cantidade de recurso danado e dos custos de reparación dos recursos naturais cubertos pola lei, ofrecendo un resultado semicuantitativo, pero que permite ordenar por orde de magnitude os escenarios accidentais en función dos potenciais danos medioambientais que poden xenerar.

Operador

Calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, que desempeñe unha actividade económica ou profesional ou que, en virtude de calquera título, controle dita actividade ou teña un poder económico determinante sobre o seu funcionamento técnico.

Recursos naturais

As especies silvestres e os hábitat, a auga, a ribeira do mar e das rías e o solo.

Servizos de recursos naturais

As funcións que desempeña un recurso natural en beneficio doutro recurso natural ou do público.