CMATI

|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

Dende cando é esixible este réxime de responsabilidade medioambiental?

Este réxime de responsabilidade medioambiental é esixible dende o 30 de Abril de 2007, sen perxuizo do disposto con carácter específico respecto das análises de riscos e respecto das garantías financeiras obrigatorias.

Sen embargo este réxime de responsabilidade medioambiental non se aplica:

Ós danos medioambientais causados por unha emisión, un suceso ou un incidente producido antes do 30 de abril de 2007.

Ós danos medioambientais causados por unha emisión, un suceso, ou un incidente que se producira despois do 30 de abril de 2007, cando éstes deriven dunha actividade específica realizada e concluida antes de dita data.

Por outra banda temos que ter en conta que non se aplicará esta responsabilidade medioambiental polos danos medioambientais transcorridos máis de 30 anos dende que tivo lugar a emisión, o suceso ou o incidente que os causou.

A qué danos se aplica esta responsabilidade medioambiental?

Aplícase ós danos medioambientais e ás ameazas inminentes de danos medioambientais, sempre que deriven dunha actividade económica ou profesional

A qué actividades afecta esta responsabilidade medioambiental?

Afecta a tódalas actividades definidas como actividades económicas ou profesionais

Qué tipo de responsabilidade medioambiental prevese nesta normativa?

Prevense dous tipos de responsabilidade medioambiental: a responsabilidade medioambiental das actividades económicas ou profesionais incluidas no Anexo III LRM, e a responsabilidade medioambiental das actividades económicas ou profesionais non incluidas no Anexo III LRM.

As actividades económicas ou profesionais incluidas no Anexo III LRM, están sometidas a un réxime de responsabilidade medioambiental obxectivo (polo tanto deberán adoptalas medidas de prevención, evitación e reparación independentemente de que actuaran ou non con dolo, culpa ou neglixencia) e ilimitado (é dicir, independentemente do custe das medidas). Ademáis están sometidas a unha presunción de que causaron o dano, cando en función da súa natureza intrínseca ou da forma de producirse foran axeitadas para causalo.

As actividades económicas ou profesionais non incluidas no Anexo III LRM, están sometidas a un réxime de responsabilidade medioambiental obxectivo (respecto da adopción de medidas de prevención e evitación, que polo tanto deberán adoptar independentemente de que actuaran ou non con con dolo, culpa ou neglixencia), por culpa (respecto da adopción de medidas de reparación, que polo tanto só deberán adoptar cando previamente se determinase a existencia de dolo, culpa ou neglixencia) e ilimitado (é dicir, independentemente do custe das medidas).

Quén debe adoptalas medidas de prevención, evitación e reparación?

Os operadores das actividades económicas ou profesionais

Qué son as garantías financeiras obrigatorias?

Son instrumentos que garantizan que o operador dispoña de recursos económicos suficientes para facer fronte á responsabilidade medioambiental derivada da súa actividade

Qué responsabilidade debe quedar cuberta pola garantía financeira obrigatoria?

Debe cubrilos custes derivados das obrigas do operador en materia de prevención, evitación e reparación e debe manterse en vigor durante todo o tempo que a actividade continúe funcionando

Quén debe constituir estas garantías financeiras obrigatorias?

Unicamente están obrigados a constituir a garantía financeira e, polo tanto, a efectuar a comunicación á autoridade competente, os operadores das actividades económicas ou profesionais do anexo III da LRM que, á súa vez, se recollen no artigo 37.2 letra a) do Real Decreto 2090/2008 (na súa redación dada polo Real Decreto 183/2015) e, que son as seguintes:

- As actividades e instalacións suxeitas ao ámbito de aplicación do Real Decreto 1254/1999, de 16 de xullo, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas;
- As actividades e instalacións suxeitas ao ámbito de aplicación da Lei 16/2002, de 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación;
- Os operadores que conten con instalacións de residuos mineiros clasificadas como de categoría A consonte ao establecido no Real Decreto 975/2009, de 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.

 

Quén está exento de constituir estas garantías financeiras obrigatorias?

  • Aquelas actividades con danos potenciais sobre o medio ambiente, cuxa reparación sexa inferior a 300.000 euros
  •  Aquelas actividades con danos potenciais sobre o medio ambiente cuxa reparación se estime entre 300.000 euros e 2.000.000 euros, sempre e cando conten cun certificado de sistema de xestión ambiental, ben conforme ó Regulamento EMAS ou ben conforme á Norma UNE EN ISO 14001
  •  A utilización de productos fitosanitarios e biocidas con fins agropecuarios e forestais
  • Os operadores que  cumpran cos criterios e condicións de exclusión que se establezan regulamentariamente

Dende cando é obrigatoria a constitución destas garantías financeiras?

A partir da data que se sinale nas Ordes Ministeriais previstas na Disposición Final 4ª da LRM

Qué é a análise de riscos medioambientais?

É unha análise dos riscos medioambientais derivados do funcionamento da actividade económica ou profesional incluida no Anexo III LRM que debe realizarse conforme á norma UNE 150008 ou outras normas equivalentes e conforme ós criterios recollidos no Capítulo II do Real Decreto 2090/2008

Quén debe realizala análise de riscos?

Unicamente están obrigados a realizar a análise de riscos medioambientais os operadores obrigados a constituir a garantía financeira obrigatoria e que son os operadores das actividades económicas ou profesionais recollidas no anexo III da LRM e que están, á súa vez, recollidas no artigo 37.2 letra a) do Real Decreto 2090/2008 (na súa redación dada polo Real Decreto 183/2015).

Dende cado é obrigatoria a realización da análise de riscos?

As análises de riscos medioambientais non resultan esixibles ata a data a partir da cal sexa esixible a constitución da garantía financeira obrigatoria.