CMATI

|
|
|
Compartir

Publicación da Orde Ministerial APM/1040/2017

Data do evento: 30.10.2017

Con data 30 de outubro de 2017 publicouse no Boletín Oficial do Estado a Orden APM/1040/2017, de 23 de outubro, pola que se establece a data a partir da cal será esixible a constitución da garantía financieira obrigatoria para as actividades do Anexo III da Lei 26/2007, de 23 de outubro, de Responsabilidade Medioambiental clasificadas como nivel de prioridade 1, e como nivel de prioridade 2, mediante a Orden ARM/1783/2011, de 22 de xuño e pola que se modifica o seu anexo.

Consonte ao establecido nesta Orde APM/1040/2017 as actividades clasificadas con nivel de prioridade 1 e 2 na Orde ARM/1783/2011 deberán dispoñer dunha garantía financeira que lles permita facer fronte á súa posible responsabilidade medioambiental nos prazos de 1 e 2 anos respectivamente a contar dende o pasado 31 de outubro do ano en curso.

 

En consecuencia, as actividades  clasificadas consonte ao establecido na Orde ARM/1783/2011 cun nivel de prioridade 1 / 2, dispoñen ata o vindeiro 31 de outubro de 2018/2019 para acreditar ante a Dirección xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio algunhas das seguintes cuestións:

-       o cumprimento da obriga de constituír a garantía financeira regulada na Lei 26/2007, para o cal deberá presentar a declaración responsable prevista no artigo 33.4 e no anexo IV.1 do Real Decreto 2090/2008; ou ben  

-       o cumprimento da obriga de determinar a contía da garantía financeira e o cumprimento dalgunha das exencións previstas nos apartados a) e b) do artigo 28 da Lei 26/2007, para o cal deberá presentar a declaración responsable prevista no artigo 33.5 e no anexo IV.2 do Real Decreto 2090/2008.

 

 

 

Documento/s relacionados
Subir