CMATI

|
|
|
Compartir

Os organismos de control ambiental autorizados (OCAS)

Os organismos de control son entidades autorizadas pola Administración para a realización de ensaios e medidas nos campos para os que estean acreditados pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).

Requisitos para actuar como organismos de control da Administración no ámbito da calidade ambiental.

 Os requisitos establecidos pola Consellería de Medio Ambiente para que as entidades poidan actuar como Organismos de Control da Administración nos ámbitos relativos á calidade ambiental baséanse no Real Decreto 2200/1995, de 28 de decembro, e son os seguintes:

  • Solicitude na que se especifiquen os ámbitos nos que se propón desenvolver a súa actividade dentro do ámbito da calidade ambiental.
  • Documentación que debe presentar:
    • Acreditación pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) nos campos solicitados.
    • Declaración de naturaleza xurídica, propiedade e fontes de financiamento do organismo.
    • Organigrama da organización.
    • Estatutos do organismo.
    •  Declaración da entidade, socios, directivos e resto de persoal de non estaren suxeitos ás incompatibilidades correspondentes.
    • Relación do seu persoal indicando o seu curricula e campos nos que solicita ser acreditado.
    • Documentación acreditativa das relacións ou acordos técnicos con outras entidades especializadas similares, nacionales ou extranxeiras.
    • Procedementos específicos para trata-las reclamacións que podan recibirse e manter un arquivo con todas as reclamaciónes recibidas coas súas actuacións correspondentes.
    • Póliza de seguro que cubra os riscos de responsabilidade civil. A contía mínima da póliza será de 1.200.000 euros, sen que a contía da póliza limite a devandita responsabilidade e quedará anualmente actualizada polos índices de prezos ó consumo.
    • Será necesario, así mesmo, proceder ao pago das taxas asociadas segundo a Lei 6/2003 del 9 de decembro, de taxas, precios e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma. Para elo podese descargar o impreso de pagamento no seguinte enlace: http://www.atriga.es/web/atriga/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos onde tamén se poden consultar os códigos e o importe da taxa.

 

ENTIDADES COLABORADORAS DA ADMINISTRACIÓN HIDRÁULICA DE GALICIA EN MATERIA DE CONTROL DE VERtEDURAS E CALIDADE DAS AUGAS

Deberán seguir o disposto polo Decreto 162/2010, de 16 de septiembre e na páxina de Augas de Galicia na que tambén se pode consultar o rexistro das entidades existentes.