CMATI

|
|
|
Compartir

Servizos de administración electrónica

Xestión de residuos (SIRGa):

A través deste servizo, os cidadáns, empresas e administracións poden acceder a información sobre a xestión de residuos en Galicia, e tramitar por vía telemática diferentes procedementos administrativos.

  • Acceso á parte pública: Ir ao sitio
  • Acceso a usuarios rexistrados: o acceso privado de SIRGA vai dirixido a empresas ou particulares que estean inscritos ou en trámites de inscrición no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia. Como usuario rexistrado poderá consultar o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, consultar o estado dos expedientes e tramitar os documentos de traslado de residuos perigosos dentro do ámbito territorial de Galicia. Ir ao sitio

Calidade ambiental. EPER Galicia:

A Directiva 96/61/CE de 24 de setembro de 1996 relativa á prevención e ao control integrados da contaminación (IPPC), establece no seu artigo 15 a obrigatoriedade de inventariar e subministrar información sobre os datos das principais emisións e as súas fontes responsables; para estes efectos, a Comisión publicou a Decisión 2000/479/CE, do 17 de xullo de 2000, relativa á realización dun inventario europeo de emisións contaminantes.Este conxunto normativo trasladouse á lexislación estatal mediante o artigo 8 da Lei 16/2002 polo que se incorpora ó ordenamento interno español a citada directiva.

  • Acceso á parte pública: Descrición do EPER, instalacións afectadas, normativa, etc Ir ao sitio
  • Acceso a usuarios rexistrados: está dirixido a titulares de instalacións que leven a cabo unha ou máis das actividades contempladas na citada lei, obrigados a notificar ao órgano ambiental competente da Comunidade Autónoma na  que estean localizadas os datos sobre as súas emisións, alomenos unha vez ao año. Ir ao sitio

Rexistro Galego de Emisores de Compostos Orgánicos Volátiles (COV)

Sistema a través do cal os titulares das instalacións comprendidas no ámbito de aplicación do Real Decreto 117/2003 rexistran unha serie de datos necesarios para que a Administración Ambiental poda comprobar o cumprimento das obligacións establecidas por dita normativa.
Ir ao sitio
 

Rexistro Galego de Emisores CAPCA

Ir ao sitio

Solicitudes de axudas e outros procedementos administrativos:

Neste apartado o administrado pode descargar, en formato pdf editable, os formularios de solicitude de calquera axuda ou calquer outro procedemento administrativo publicado pola consellería. A impresión destes documentos é válida para a súa presentación ante a Consellería de Medio Ambiente ,Territorio e Infraestruturas, no rexistro da consellería, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Ir a Axudas e subvencións.

Investigación da calidade do solo en Galicia:

O Real decreto 9/2005, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados, supón o desenvolvemento normativo da Lei 10/1998 en materia de solos. Como primeira actividade, este real decreto obriga as empresas afectadas á preparación dun informe preliminar de situación. A data límite para a entrega deste informe é o 7 de febreiro de 2007.

  • Acceso á parte pública: Descrición da situación da investigación da calidade do solo en Galicia, normativa, etc. Ir ao sitio
  • Acceso a usuarios rexistrados: Os usuarios rexistrados accederán á zona restrinxida onde poderá cubrir o informe preliminar e o informe de autoavaliación. Ir ao sitio

Consulta de procedementos de contratación e convenios

Este servizo permite a consulta en liña dos procedementos de contratación e convenios da Consellería de Medio Ambiente ,Territorio e Infraestruturas, cumprindo deste xeito co esixido no artigo 10 da Lei 4/2006 do 30 de xuño de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega.

  • Procedementos de contratación: Pódense consultar todos os procedementos de contratación, tanto os que están abertos coma os que están pendentes de adxudicación ou adxudicados.Ir ao Portal da contratación pública de Galicia
  • Convenios adxudicados: Permite a consulta dos convenios subscritos entre a Consellería e diferentes entidades. Ir ao buscador de convenios 

Autorización Ambiental Integrada e Avaliación Ambiental: publicidade de expedientes

A través deste servizo pode acceder a: