CMATI

|
|
|
Compartir

Obxectivo Temático 5 – Frear o cambio climático

As actuacións encádranse dentro do obxectivo específico 5.1.1., co que se pretende a consolidación da cultura da prevención en materia de riscos e adaptación ao cambio climático.

Para iso desenvolveranse redes de observación, prevención de riscos e análise sectorial da adaptación ao cambio climático en Galicia que, entre outros, ten como obxectivo medir a calidade do aire, de fenómenos meteorolóxicos e oceanográficos que permitan garantir una calidade na observación ambiental e a posta en marcha de modelos de predición de riscos ante inundacións, incendios, episodios de contaminación atmosférica e adversos de orixe climática.

As actuacións financiadas con fondos europeos enmarcadas neste obxectivo específico son as seguintes:

- Actualización e mellora das Redes de calidade das augas e da Rede de calidade do aire.

- Actualización e mellora das Redes de observación meteorolóxica e oceanometeorolóxica.

- Reforma parcial do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (LMAG).

- Convocatoria de axudas a entidades locais para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas.

- Adaptación ao cambio climático para a sustentabilidade dos ecosistemas.

-  Estratexia de cambio climático de Galicia 2050.


- Convocatoria de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable - Ano 2020

 - Segunda convocatoria de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable- Ano 2021