CMATI

|
|
|
Compartir

Portal web do Planeamento Urbanístico de Galicia

Co fin de contribuír a mellorar o acceso á información urbanística, o venres 18 de xullo, no salón de actos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (Área Central - Fontiñas, Santiago de Compostela) a Xunta de Galicia presentará o portal do Sistema de Información Xeográfica de Galicia da Xunta de Galicia e a web de Planeamento Urbanístico de Galicia.

A presentación será inaugurada ás 10:30 horas pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Ethel Vázquez Mourelle.

Agradecemos o seu interese por asistir á Xornada de presentación do Sistema de Información Xeográfica da Xunta de Galicia e da web de planeamento urbanístico de Galicia, sentimos comunicarlle que o aforo dispoñible xa está completo.

 

Documento/s relacionados