CMATI

|
|
|
Compartir

Contornas e equipamentos urbanos

A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo conta con programas dirixidos á dotación de equipamentos públicos e de mellora de contornas urbanas.

A continuación mostrámoslle os rexistros aos que vostede pode acceder para buscar información máis detallada sobre estes.

Os equipamentos urbanos desempeñan un papel fundamental como elemento dinamizador de desenvolvemento social e cultural da nosa sociedade e son, ademais, elementos estruturantes na contorna urbana. 

As intervencións definidas como contornas urbanas recollen as actuacións enfocadas a mellorar o espazo público tendo en conta as necesidades de utilización e en relación coa mellora da contorna, o ambiente e a calidade de vida.