CMATI

|
|
|
Compartir

Acondicionamento de espazos públicos na Abelleira, Muiños

Descrición:

Trátase de acondicionar unha zona situada na parte máis tradicional do núcleo. A actuación céntrase nos seguintes puntos do núcleo:

  • Contorna da Capela de Santa Leocadia. Aquí sitúase unha zona de lecer e encontro do núcleo e atópase en pésimas condicións. Está na entrada do núcleo e conta cunha fonte, a parada do autobús,....
  • Contorna do Forno. O forno está rehabilitado pero toda a súa contorna está nun pésimo estado. Está situado ao final da vía principal do núcleo e conta cun espazo baleiro próximo ao acceso, unha fonte,...
  • Viario principal do núcleo. Trátase da vía que conexiona as dúas contornas anteriormente descritas. A poboación deste núcleo dedícase á agricultura e as leiras próximas ao núcleo son todas elas de regadío. Os condutos da instalación de regadío discorren por este viario principal, o cal atópase salpicado de arquetas sumidoiro con chaves de corte para regular as quendas de rega das diferentes zonas do perímetro do núcleo. Trátase non só de respectar a instalación existente senón de potenciala e convertela no fío condutor que guiará o proxecto. á agricultura e as leiras próximas ao núcleo son todas elas de regadío. Os condutos da instalación de regadío discorren por este viario principal, o cal atópase salpicado de arquetas sumidoiro con chaves de corte para regular as quendas de rega das diferentes zonas do perímetro do núcleo. Trátase non só de respectar a instalación existente senón de potenciala e convertela no fío condutor que guiará o proxecto.

A superficie total obxecto da actuación é de 1317,29 m2. A potencialidade destes espazos é inmensa xa que aglutinan elementos arquitectónicos con valor patrimonial arquitectónico e etnográfico. Trátase de zonas onde xa está asentado o uso de forma diaria polo que unicamente trátase de mellorar as condicións nas que se desenvolve.

Solución adoptada:

  • O tratamento centrarase en utilizar pavimentos de lastros de pequeno tamaño nas zonas estanciales: contorna da Capela e contorna do forno. Coidarase, no caso da capela de non levar o pavimento ata a edificación, protexéndoa cunha franxa de grava prensada. Este tratamento tamén se aplicará na zona do forno que non é lindeiro co viario.
  • A zona de rodaxe cubrirase cunha franxa máis ou menor regular (condicionada pola localización irregular das edificacións) con pavimento de formigón por medio de laxas cortadas por pequenas franxas de lastros.
  • O encontro entre a zona de rodaxe e as edificacións realizarase con pavimento de lastros de pequeno tamaño.
  • Todas estas actuacións irán conectadas por medio dunha franxa de laxas de pedra de 70cm. de ancho que, a modo de serpe, guiaranos por todo o percorrido. Nesta franxa sitúanse as arquetas de rega que se utilizan para o conexionado das quendas de rega e que desemboca nunha canalización vista de rega na saída do núcleo. Soterraranse todas as instalacións urbanas e dotarase á zona con elementos de mobiliario urbano e alumado público.

Redactor/a: Mª Rosario Dacal Rodríguez

Importe do convenio: 125.460 €

Provincia: Ourense

Concello: Muiños

Tipo proxecto: Contorna urbana

Subir