CMATI

|
|
|
Compartir

Funcións da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo asume de modo xenérico as funcións de  dirección, planificación, impulso, xestión e coordinación das competencias que ten atribuídas a consellería en materia de urbanismo, ordenación do territorio, así como as autorizacións e os informes na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre e no solo rústico.

  • a) A materialización e posta en práctica da política territorial e de utilización racional do solo, coa finalidade de favorecer o desenvolvemento equilibrado e sustentable do territorio, contribuír a elevar a calidade de vida e a cohesión social da poboación e protexer e potenciar o patrimonio natural e cultural,sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.
  • b) O exercicio das funcións que a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, lle atribúe á persoa titular da dirección xeral competente en materia de urbanismo.
  • c) O fomento da formación e da investigación,e a elaboración e divulgación de estudos e proxectos en materia de urbanismo, ordenación do territorio e litoral.
  • d) O fomento, seguimento e control da actividade urbanística, sen prexuízo das competencias dos municipios, e o requirimento de anulación de actos de aprobación de instrumentos de planeamento e xestión urbanística.
  • e) O fomento da participación cidadá na formulación, tramitación e xestión do planeamento territorial e urbanístico.
  • f) O apoio e asesoramento necesario á Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.
  • g) A elaboración de proxectos e anteproxectos de disposicións normativas en materia de urbanismo, ordenación do territorio e litoral.
  • h) A coordinación dos servizos territoriais de urbanismo.
  • i) A tramitación e a proposta de resolución dos procedementos de responsabilidade patrimonial no ámbito das súas competencias.
  • j) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa no ámbito das súas competencias.
  • k) O exercicio de calquera competencia que, en materia de urbanismo, lle atribúa a lexislación vixente á Administración autonómica sen especificar o órgano que deba exercela.
  • l) A realización de actuacións de mellora de contornos urbanos, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.
  • m) A emisión de informes preceptivos en materia de costas, nos supostos previstos polo artigo 24 do Decreto 158/2005, do 2 de xuño, polo que se regulan as competencias autonómicas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, así como o outorgamento de autorizacións administrativas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre segundo o establecido na Lei 22/1988, do 22 de xullo, de costas.
  • n) A preparación dos informes que, conforme a lexislación de carácter sectorial, lle corresponda emitir ao órgano autonómico competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo.
  • ñ) Análise e proposta de informe dos expedientes de solicitude de autorización de execución de grandes establecementos comerciais sobre a súa adaptación ao planeamento vixente e en tramitación, para a posta en coñecemento da súa viabilidade á Comisión Consultiva de Equipamentos Comerciais.
  • o) Informe de recursos interpostos contra resolucións ditadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo nas materias da súa competencia.
Documento/s relacionados
  • Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura organica das consellerias da Xunta de Galicia. Descargar  (418 KB)
  • Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (formato PDF) Descargar  (739 KB)
  • Orde do 15 de marzo de 2012 sobre delegacion de competencias no secretario xeral tecnico e noutros organos da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Descargar  (495 KB)