CMATI

|
|
|
Compartir

Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio

A Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio exercerá as seguintes funcións:

  • a) A xestión dos expedientes de contratación de competencia por razón da materia da Secretaría Xeral Técnica.
  • b) A tramitación e proposta de resolución dos expedientes de contratación administrativa de competencia por razón da materia das persoas titulares das direccións xerais da consellería, e por proposta destes, agás os contratos menores.
  • c) O estudo, tramitación e proposta de resolución, nos expedientes de recursos en materia de contratos públicos de competencia da Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio, así como en calquera outra reclamación ou requirimento na materia.
  • d) A coordinación do parque móbil da consellería, sen prexuízo das competencias que corresponden a outros departamentos da Xunta de Galicia e coordinación das dotacións relativas ao vestiario do persoal.
  • e) A organización, coordinación e supervisión da xestión administrativa do patrimonio adscrito á consellería, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.
  • f) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.