CMATI

|
|
|
Compartir

Vicesecretaría Xeral

A Vicesecretaría Xeral exercerá as seguintes funcións:

  • a) A coordinación da confección e tramitación do anteproxecto de orzamentos da consellería; o seguimento e control interno da execución orzamentaria, así como a tramitación dos expedientes de modificacións orzamentarias, en coordinación cos órganos implicados.
  • b) A elaboración do orzamento da Secretaría Xeral Técnica.
  • c) A coordinación, control e seguimento da execución dos orzamentos da Consellería.
  • d) A xestión e a tramitación de todos aqueles expedientes de xestión do gasto que se tramiten con cargo ao orzamento da Secretaría Xeral Técnica e, en particular, os expedientes relativos a contratos menores de gasto corrente.
  • e) A ordenación, xestión e administración ordinaria dos asuntos relativos ao persoal da Consellería.
  • f) A organización e supervisión das bases de datos e de rexistro de persoal, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros departamentos da Xunta de Galicia.
  • g) A xestión dos plans de formación do persoal da Consellería.
  • h) A organización dos aspectos que incumben ao réxime interior da Consellería.
  • i) Formación de estatísticas nas materias que sexan competencia da Consellería en coordinación co Instituto Galego de Estatística, sen prexuízo das funcións nesta materia doutras unidades da Consellería.
  • j) Asesorar e emitir os informes solicitados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica e, en especial, prestarlle asistencia, coordinar e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, por razón da súa competencia.