CMATI

|
|
|
Compartir

A praia das Catedrais

Data de declaración

4 de febreiro de 2005. Decreto 11/2005 do 20 de xaneiro

 

Superficie

28,94 ha.

 

Concellos

Ribadeo.

 

Situación

No extremo nordeste da provincia de Lugo, na liña litoral entre as localidades de Ribadeo e Foz.

 

Outras figuras de protección

 

  • A área correspóndese parcialmente coa IBA 007 Ría do Eo-Praia de Baraio-Ría de Foz, incluída no inventario de SEO/BirdLife (1998).

 

Plan de Conservación do monumento natural da praia das Catedrais

Decreto 80/2015, do 11 de xuño, polo que se aproba o Plan de Conservación do Monumento natural da praia das Catedrais. O dito  proxecto de decreto e o plan de Conservación poden consultarse nos documentos relacionados:

  • Decreto 80/2015, polo que se aproba o Plan de Conservación do monumento natural da praia das Catedrais
  • Anexo I Plan de Conservación do monumento natural da praia das Catedrais
  • Planos do Plan de Conservación
  • Anuncio polo que se fai público o Informe ambiental estratéxico  

 
 
Autorización acceso praia das Catedrais

Para visitar o Monumento Natural da Praia das Catedrais, entre o 19 e o 28 de marzo é necesario contar cunha autorización gratuita que pode conseguirse desde 30 días antes a través da web. Autorización 

Servizo de visitas guiadas

Poñemos á súa disposición un servizo gratuíto de visitas guiadas polo monumento natural para que a súa estancia sexa o máis práctica e agradable posible. Descubra con nós os valores naturais deste espazo.

Para consultar os horarios das visitas guiadas prema aquí

Servizo de buses Ribadeo-Praia das Catedrais.

No verán existe un servizo de autobús con seguinte itinerario: Oficina de Turismo de Ribadeo - Estación de Autobuses - Praia das Catedrais (Autobús Circular: Ida e volta).

O ticket do autobús habilita para acceder á praia sen necesidade de realizar unha reserva a través da aplicación web.

Os horarios dos autobuses adáptanse ao réxime de mareas. Para consultar os horarios de autobuses prema aquí

Documento/s relacionados
  • Breve descrición do espazo natural Descargar
  • Decreto 80/2015 polo que se aproba o Plan de Conservación do monumento natural da praia das Catedrais Descargar
  • Anexo I Plan de Conservación do monumento natural da praia das Catedrais Descargar
  • Planos do Plan de Conservación Descargar
  • ANUNCIO do 8 de abril de 2015, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan de Conservación do monumento natural da praia das Catedrais Descargar
  • Informe de Participación Pública Descargar