Anualmente, os titulares dos aproveitamentos cinexéticos deben presentar antes das datas fixadas para tal fin na resolución anual da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, un plan anual de aproveitamento cinexético.
Para a súa presentación debe utilizarse o procedemento MT720A, xuntando o plan anual de aproveitamento cinexético obtido na aplicación informática habilitada para o efecto e dispoñible no portal web de caza de Galicia http://emediorural.xunta.es/caza/UsuariosCaza.