O Plan de seguimento das Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia e da sustentabilidade territorial (Decreto 176/2013, de 21 de novembro) establece unha metodoloxía de traballo e un procedemento cos órganos implicados, co obxecto de dar a coñecer periodicamente información contrastada que permita facer unha prospectiva e así poder manter ou corrixir o rumbo das políticas e actuacións na Comunidade Autónoma de acordo cos obxectivos formulados nas DOT.
Cos resultados conseguidos elabórase un Informe de Seguimento, que é aprobado pola Comisión de Seguimento; este Informe estrutúrase en:
I. Memoria-exposición do traballo desenvolvido
II. Avaliación das ferramentas
IV. Anexos
Anexo I Determinacións e obxectivos/Indicadores
Anexo II Indicadores de Desenvolvemento e Implantación (IDI)
Anexo III Indicadores de Sustentabilidade Territorial (IST)
Anexo IV Enquisa de Percepción Territorial e Urbanística (EPTU)