CMATI

|
|
|
Compartir

Portal de participación pública

O portal forma parte do programa de promoción da participación pública na elaboración do Atlas das Paisaxes de Galicia, contemplado no convenio de colaboración, entre o Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia e o Laboratorio do Territorio do GI Territorio e Biodiversidade da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta iniciativa xorde da profunda convicción, por parte da Xunta de Galicia e da Universidade da necesidade de contar cos cidadáns nos procesos de toma de decisións sobre a nosa paisaxe e o noso territorio. Froito desta crenza e das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, nace este portal no que, nesta etapa do proceso de elaboración do Atlas, calquera persoa poderá contribuir ao deseño das Directrices de Paisaxe , aportando os seus obxectivos de calidade paisaxística, así como a súa valoración da paisaxe e das posibles medidas de protección, xestión e ordenación da mesma.

Acceso ao portal:

https://sixot.es/Paisaxe/Directrices

Documento/s relacionados
  • Participa na Elaboración das Directrices de Paisaxe de Galicia - Medidas Descargar  (1.592 KB)
  • Participa na Elaboración das Directrices de Paisaxe de Galicia - Obxetivos Descargar  (1.168 KB)
Ligazon/s relacionadas