CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

POCTEP NATURA_MIÑO_MINHO

Fondos FederFondos FederFondos Feder

O proxecto NATURA_MIÑO_MINHO, é un proxecto de cooperación transfronteiriza cofinanciado con fondos FEDER a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, presenta a conca hidrográfica do río Miño como unha unidade ambiental en canto aos seus recursos biolóxicos e á súa evolución, promovendo a súa xestión conxunta transtronteriza.

O orzamento total aprobado inicialmente ascende a 1.729.692 €.

Ámbito xeográfico de actuación:

A conca do río Miño-Minho localízase na rexión bioxeográfica eurosiberiana, destacando a súa importancia para a conservación das especies de peixes migradores e a presenza de hábitats de humidais de elevado valor ecolóxico. Presenta un importante patrimonio natural integrando varios espazos da Rede Natura 2000: zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) Baixo Miño, sitio Minho (PTCON0019), zonas de especial protección para as aves (ZEPA) Esteiro do Miño e Estuario dous ríos Miño e Coura (PTZPE0001).  Inclúe, así mesmo, as áreas protexidas Parque Natural do Monte Aloia e ZEPVN Gándaras de Budiño . Atópase  ademais, clasificada pola UNESCO como Reserva da Biosfera Terras do Miño.


No estuario do río Miño existe unha rica avifauna, principalmente aves acuáticas migratorias como a tartaraña das xunqueiras (circus aeruginosus), garza pequena (ixobrychus minutus) garza vermella (ardea purpurea), pato cristado (aythya fuligula) , entre outras. Entre as especies migratorias  de peces presentes na conca, atópanse   o salmón (salmo salgar), o sábalo (alosa alosa), a saboga (alosa fallax), a lamprea (petromyzon marinus), a reñosa (rutilus arcasii) e a anguía (anguilla anguilla).

Doutra banda,  a presenza de hábitats de humidais  de alta importancia ecolóxica incluíndo bosques ribeiregos dominados polo ameneiro (alnus glutinosa) e os salgueiros (salix spp), os leitos rochosos con xuncos e os pantanos na desembocadura do río Coura, convérteno nunha área protexida única.

Período de execución  do proxecto:

O proxecto foi aprobado inicialmente cun prazo de execución de 24 meses, desde o 1 de xaneiro de 2009 ata o 31 de decembro de 2010. Este prazo  de execución  foi posteriormente prorrogado quedando como data de finalización do proxecto o 30 de novembro  de 2012.

Obxectivos do proxecto:

O obxectivo xeral do proxecto é protexer, preservar e integrar os recursos naturais da Eurorrexión, promovendo nas áreas protexidas de Galicia e Norte de Portugal o desenvolvemento sustentable e a conservación da biodiversidade e dos hábitats de interese  comunitario da Rede Natura 2000.

Os obxectivos específicos son:

- Incrementar o coñecemento da conca do río Miño, a través da análise do ámbito territorial e a súa evolución no tempo, da lexislación vixente nas dúas rexións, así como dos instrumentos de planificación aplicables, favorecendo o intercambio de experiencias e de   boas prácticas.

- Manter un estado de conservación favorable dos hábitats e das especies acuáticas na conca do Miño, fomentando o desenvolvemento sustentable e a xestión participativa das partes interesadas.

- Identificar e elaborar estratexias de actuación conxuntas para a coordinación de accións de protección das augas e o seu uso sustentable.

- Valorizar os recursos endóxenos da conca do Miño, incrementando o coñecemento do público en xeral  sobre os mesmos.

Ámbitos de actuación

Para alcanzar os seus obxectivos o proxecto desenvolve as seguintes actividades:

- Actividade 1. Evolución climática global e da contaminación-estratexias de adaptación ao quecemento global.

- Actividade 2. Calidade da auga  e dos sedimentos.

- Actividade 3. Avaliación, monitoraxe e valorización dos recursos biolóxicos.

- Actividade 4. Plan de comunicación.

Partenariado do proxecto:
 

  • Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, que  actúa como xefe de fila.
  • Instituto da Conservação da Natureza e das florestas, I.P.
  • Centro  Interdisciplinar de investigação  Marinha e Ambiental-CIIMAR.
  • Escola Superior Gallaecia-Fundação Convento da Orada.
  • Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira .
  • Facultade de Engenharia  da Universidade do Porto.


Resultados do proxecto:


Os resultados do proxecto pódense consultar accedendo ao apartado de ligazóns, estruturándose o seu contido de acordo co seguinte índice.

 

Enlaces de interés:

- Instituto da Conservação da Natureza e das florestas.

- CIIMAR – Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental.

-Escola Superior Gallaecia de Ensino Universitário/Fundação Convento da Orada (ESG/FCO).

- FEUP – Facultade de Engenharía da Universidade do Porto.

- Câmara Municipal de Vilanova de Cerveira.