CMATI

|
|
|
Compartir

Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia

O día 18 de abril de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan para o ano 2018.

O día 2 de outubro de 2018 publicouse nesta páxina web o ACORDO do Servizo de Conservación da Biodiversidade, polo que se procede á publicación dos requerimentos de documentación e emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 4 de abril de 2018.

O prazo para a presentación da documentación requirida finaliza o día 17 de outubro de 2018.

Documento/s relacionados
  • ACORDO do 2 de outubro de 2018, do Servizo de Conservación da Biodiversidade, polo que se procede á publicación dos requirimentos de documentación e emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 4 de abril de 2018 Descargar