CMATI

|
|
|
Compartir

Crepis novoana (Crepis novoana)

Descrición

Herba de flores liguladas de cor amarela, caracterizada polas súas follas basais elípticas ou oblanceoladas. Flores hermafroditas polinizadas por himenópteros e dípteros fundamentalmente. A dispersión dos froitos é realizada polo vento debido á presenza de vilano.

Demografía

Presenta en xeral flutuacións importantes. Produciuse unha redución do número de individuos nos últimos anos debido á destrución do seu hábitat.

Hábitat

Vive en acantilados costeiros conformados parcialmente por rochas ultrabásicas.

Distribución

Endémica do NE da provincia da Coruña, na ría de Cedeira, con presenza adicional en acantilados próximos. Incluída no LIC Costa Ártabra.

Estado de conservación

Están ameazadas por diversas actividades humanas, como urbanización, obras de acondicionamento, etc., que provocan a diminución e fragmentación do seu hábitat.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.
Nome común Crepis novoana Nome científico Crepis novoana Clase Plantas superiores Familia Compositae

Documento/s relacionados
Subir