CMATI

|
|
|
Compartir

Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

 

Data de declaración

2 de xullo de 2002. LEI 15/2002, do 1 de xullo.

 

Instrumentos de planificación

Plan de ordenación dos recursos naturais (PORN).Decreto 274/1999 e Decreto 88/2002

Decreto 23/2006, do 16 de febreiro, polo que se establecen determinadas medidas de xestión no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

 

Superficie

Cortegada: 43,8 ha terrestres.

Sálvora: 248 ha terrestres e 2.309 ha mariñas.

Ons: 470 ha terrestres e 2.171 ha mariñas.

Cíes: 433 ha terrestres e 2.658 ha mariñas.

TOTAL: 8.332,8 ha (1.194,8 ha terrestres e 7.138 ha mariñas). 

 

Concellos

Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Bueu, Vigo.

 

Situación

O Parque Nacional localízase nas Rías Baixas e abarca catro arquipélagos diferenciados: Cíes, Ons e Cortegada, na provincia de Pontevedra, e Sálvora, na da Coruña. Cortegada encóntrase na parte interna da ría de Arousa . Sálvora representa o extremo sudoeste da provincia da Coruña e atópase na boca da ría de Arousa. Ons sitúase fronte á boca da ría de Pontevedra. Cíes sitúase fronte á boca da ría de Vigo.

 

Outras figuras de protección 

Dentro da Rede Galega de Espazos protexidos:

  • Zona de Especial Protección dos Valores Naturais “Complexo húmido de Corrubedo”; de 9.265 ha. Coincide parcialmente (Sálvora)
  • Zona de Especial Protección dos Valores Naturais “Illa de Ons”, de 924 ha.
  • Zona de Especial Protección dos Valores Naturais “Complexo Ons-O Grove”, de 7608 ha. Coincide parcialmente (Ons)
  • Zona de Especial Protección dos Valores Naturais “Illas Cíes, de 990 ha.

 

Espazos protexidos Rede Natura 2000:

 

Áreas protexidas por instrumentos internacionais:

  • Convenio para a protección do medio ambiente marino do Atlántico do nordés (OSPAR): Illas Atlánticas de Galicia”

 

  • Os arquipélagos de Ons e Cíes foron incluídos no inventario de áreas importantes para as aves en España (IBA 002 Illas Ons; IBA 001 Illas Cíes; SEO/BirdLife, 1998).