CMATI

|
|
|
Compartir

Funcións da Dirección Xeral de Patrimonio Natural

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural exercerá as competencias e funcións atribuídas á consellería en materia de conservación, protección, uso sustentable, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia e dos seus elementos etnográficos, e a súa preservación para as xeracións futuras e, en particular, exercerá as seguintes:

  • a) O fomento de medidas de desenvolvemento socioeconómico dos espazos naturais protexidos.
  • b) A ordenación, conservación, protección, fomento e aproveitamento sustentable dos recursos cinexéticos e piscícolas nas augas continentais.
  • c) A divulgación dos valores do patrimonio natural; a xestión dos hábitats naturais, da flora e fauna silvestres, das paisaxes naturais e dos elementos senlleiros da xea da Comunidade Autónoma galega.
  • d) O desenvolvemento e a dinamización do uso público e recreativo do medio natural.
  • e) A promoción da defensa integral da natureza e dos elementos que a compoñen.
  • f) A conservación específica dos espazos que compoñen a Rede galega de espazos protexidos e da Rede Natura 2000 de Galicia ou doutras zonas de alto valor ambiental, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.
  • g) O estudo e a elaboración dos proxectos normativos no ámbito das súas funcións.
  • h) O informe de recursos interpostos contra resolucións ditadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural nas materias da súa competencia.
  • i) As funcións inherentes á xestión económica, execución, seguimento, control e xestión da execución dos contratos administrativos e actividades de fomento no ámbito da súa competencia por razón da materia.
  • j) A xestión dos expedientes de contratación menores de competencia da Dirección Xeral por razón da materia.