CMATI

|
|
|
Compartir

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia CEIDA

Descrición:

O CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en tódolos sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido. É froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia , o Concello de Oleiros e a Universidade da Coruña para coordinar, dinamizar e promover a Educación Ambiental en Galicia.Para saber máis

Áreas de traballo:

O CEIDA conta con tres áreas de traballo: formación e capacitación, educación e divulgación e o centro de documentación en medio ambiente "Domingo Quiroga".

  • Educación e Divulgación: O CEIDA desenvolve programas anuais de educación ambiental, dirixidos á comunidade educativa e a todo tipo de colectivos. Complementa a súa oferta divulgativa coa producción de exposicións monográficas itinerantes, conferencias e a elaboración de publicacións de carácter científico ou técnico. Así mesmo o centro acolle ao longo do ano diversas exposicións nas salas destinadas para ese fin. Actúa tamén como punto de encontro e de cooperación entre as diferentes administracións, colectivos e axentes que traballan pola sustentabilidade dende cadansúas competencias e enfoques, aplicando a participación como un proceso e praxe necesaria para a procura de solucións aos problemas ambientais. Podes obter máis información sobre a área de Educación e Divulgación.
  • Formación: O CEIDA promove a formación e capacitación ambiental, tentando respostar ás necesidades de profesionais e xestores así como a demanda de coñecemento da cidadanía cada vez mais preocupada pola protección do noso medio. Organiza cursos, congresos e seminarios de formación inicial ou continua centrados principalmente en conservación e educación ambiental. Podes obter máis información sobre a área de Formación.
  • Centro de Documentación en Medio Ambiente Domingo Quiroga: Oferta a todos os interesados un servizo de procura e acceso á mais recente información sobre a realidade ambiental a través de monografías, publicacións periódicas, recursos audiovisuais e electrónicos, cartografía, etc. Este catálogo, único en Galicia, está especializado en Educación Ambiental, Conservación e Sustentabilidade. Podes obter máis información sobre o Centro de Documentación en Medio Ambiente Domingo Quiroga.
Ligazon/s relacionadas