CMATI

|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

Onde podo obter información acerca do Plan de Ordenación do Litoral ou contactar coas persoas responsables?

Co obxectivo de que calquera persoa interesada acceda ao Plan de Ordenación do Litoral (POL), habilitáronse canles de comunicación onde calquera cidadán e administración pública ou privada poida dirixir calquera tipo de consulta a través de varias vías:

  • Consultar a páxina web http://www.xunta.es/litoral/ na que se pode visualizar e descargar toda a documentación e cartografía do POL e das Unidades de Paisaxe na sección descargables.
  • Escribir á: Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe na rúa San Lázaro, s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA, A CORUÑA. Teléfono: 981541756.
  • Visitar a oficina de Información del Plan de Ordenación del Litoral no mesmo edificio, horario de mañá e tarde (é necesario concertar unha cita previa). O teléfono de contacto é o 981541026.
  • Tamén poden dirixir a súas consultas ao correo electrónico de información: infopol@xunta.es
  • A través de mensaxes e comentarios na páxina do POL no Facebook.

 

Onde podo atopar máis documentación relacionada coa sostibilidade e a paisaxe?

O Sistema de Información Ambiental de Galicia (SIAM) é un instrumento creado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para axilizar o acceso á información ambiental de todos os usuarios.

Ademais de contar con un servizo de Solicitude de Información Ambiental, conta con una biblioteca de publicacións de carácter ambiental e un buscador avanzado de lexislación ambiental Ambilex

Que pasos debo seguir para a tramitación de un proxecto sectorial de incidencia supramunicipal?

As recomendacións para a tramitación de proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal recóllense no documento que se xunta.

Como podo participar na fase de elaboración de un Catálogo de Paisaxe?

Durante a fase de elaboración dos Catálogos de Paisaxe a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe habilitará as canles de participación necesarias para que a cidadanía poida facer as achegas pertinentes no período de participación pública e consultas: páxina web, redes sociais, entrevistas, etc.

Onde podo atopar actividades de educación ambiental e interpretación do patrimonio en Galicia?

Na nosa Comunidade Autónoma existen diversos equipamentos para a Educación Ambiental e outras instalacións para a Divulgación do Patrimonio que contan con proxectos e programas educativos dirixidos a todo tipo de públicos. A través do listado de equipamentos galegos poderá coñecer as instalación e consultar a súa oferta educativa.

Subir