Ao amparo da Comisión de Seguimento das Directrices de ordenación do territorio de Galicia, como soporte técnico para o desenvolvemento das funcións desta comisión, creáronse os grupos técnicos de traballo (GTT), nos que cada departamento con competencias de alcance territorial, terá un papel protagonista na validación e consenso das proposicións que o IET faga, tanto para as DOT, como para os restantes instrumentos de ordenación do territorio. Este traballo dos GTT resultará de vital importancia, posto que os resultados do sistema de seguimento para cada ámbito competencial son responsabilidade do departamento de que se trate. Nestes GTT, participarán, ademais, o órgano ambiental (OA) responsable da Avaliación ambiental estratéxica e o órgano estatístico, Instituto Galego de Estatística (IGE).
En todos eles se traballaron tanto os indicadores de desenvolvemento (IDI) e de sostibilidade (IST), coma a proposta de enquisa de percepción territorial e urbanística (EPTU).
En canto aos IDI, o plan de seguimento considerou que ademais dos sinalados na Memoria ambiental das DOT, poden ser obxecto de ampliación con outros de análogas características e funcións, atendendo ás accións que as administracións públicas, en virtude das súas competencias, poidan desenvolver. Por iso, os distintos departamentos con incidencia territorial son consultados sobre as actuacións que poidan estar a levar a cabo neste sentido. Froito disto, establecéronse os seguintes IDI:
No que se refire aos IST, indícanse de forma pormenorizada, para cada un dos GTT, os distintos indicadores desenvolvidos.
En canto á Enquisa de Percepción Territorial e Urbanística (EPTU), os distintos GTT fixeron as súas achegas para a súa análise, estudo e posterior integración, de ser o caso, na "Enquisa Estratéxica de Fogares" (EEF).
Para a elaboración do Informe do Plan de seguimento das DOT e da sustentabilidade territorial, creáronse dezasete grupos técnicos de traballo.
Instituto Galego de Estatística (IGE) | |
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural | |
Axencia de Turismo de Galicia | |
Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral | |
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica | |
Secretaría Xeral Técnica. Consellería de Medio Rural | |
Dirección Xeral de Enerxía e Minas | |
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) | |
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) | |
Augas de Galicia | |
Sanidade (D. X. de Saúde Pública) | |
Dirección Xeral de Patrimonio Natural | |
Secretaría Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático | |
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior | |
Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo | |
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) | |
Dirección Xeral de Mobilidade | |
Ente Público Portos de Galicia | |
Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) | |
Dirección Xeral de Comercio e Consumo |