O Observatorio Galego e Educación Ambiental (OGEA) é o órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento en relación co desenvolvemento da Educación Ambiental en Galicia.
Os fins principais son a promoción, o seguimento e a avaliación permanente de Educación Ambiental na Comunidade Autónoma en base ás recomendacións contidas na EGEA.
Está nestes momentos nunha fase de redefinición e concreción cos axentes sociais, desde o Instituto de Estudos do Territorio, preténdese promover a súa actividade asignando ao CEIDA un papel fundamental na súa xestión.
Creado polo Decreto 78/2001, e modificado polo Decreto 68/2006, o Observatorio Galego de Educación Ambiental exerce as seguintes funcións:
- Asesora os organismos das administracións públicas no deseño, avaliación e desenvolvemento dos programas e iniciativas de educación ambiental.
- Analiza as necesidades educativas e formativas en materia ambiental da poboación galega no seu conxunto, así como dos seus sectores específicos.
- Realiza un seguimento do nivel de aplicación da Estratexia Galega de Educación Ambiental, propoñendo e suxerindo directrices e liñas de actuación que faciliten o logro dos fins e obxectivos xerais e específicos nela establecidos.
- Propón a elaboración de indicadores, instrumentos e procedementos de avaliación, especificamente dirixidos ao ámbito da educación ambiental.
- Colleita experiencias, recursos e programas que se consideran de referencia, tanto no ámbito da Comunidade Autónoma como do Estado, da Unión Europea e das distintas axencias das Nacións Unidas, facilitando a súa divulgación, promoción, adaptación e aplicación á realidade galega.