CMATI

|
|
|
Compartir

Xornada sobre o Sistema de infraestrutura verde da área da Coruña

A xornada celebrarase no auditorio da Fundación Barrié na Coruña o vindeiro 27 de outubro ás 10:00 h.

Nesta xornada presentaranse as liñas básicas do Sistema de Infraestrutura Verde da Área da Coruña no que está a traballar esta Consellería a través do Instituto de Estudos do Territorio en coloraboración coa Escola Galega da Paisaxe, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Este sistema enmárcase na Estratexia de infraestrutura verde de Galicia como exemplo da forma de integrar e conectar a infraestrutura verde de diferentes tipos de ámbitos territoriais, urbanos e rurais, demostrando como as cidades poden acadar unha profunda afinidade coa natureza.

Pregamos a confirmación de asistencia, dado que o aforo é limitado, mediante correo electrónico a secretaria.iet@xunta.gal ou no teléfono 981.541755/541756.

Documento/s relacionados
  • Programa da infraestrutura verde da área da A Coruña Descargar  (452 Kb)
Contacto/s relacionados