CMATI

|
|
|
Compartir

Estudo ambiental estratéxico

No procedemento de avaliación ambiental ordinaria de plans e programas, o promotor debe elaborar un estudo ambiental estratéxico tendo en conta o documento de alcance formulado polo órgano ambiental. O estudo ambiental estratéxico considérase parte integrante do plan ou programa.

Lexislación

A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental establece no anexo IV o contido mínimo que debe ter o estudo ambiental estratéxico.

Estrutura e contido

O contido mínimo do estudo ambiental estratéxico é o seguinte:

  1. Esbozo do contido, obxectivos principais do plan e relacións con outros plans e programas pertinentes.
  2. Aspectos relevantes da situación actual do ambiente e a súa probable evolución no caso de non aplicar o plan.
  3. Características ambientais das zonas que podan verse afectadas de maneira significativa e a súa evolución, tendo en conta o cambio climático esperado, no prazo de vixencia do plan.
  4. Calquera problema ambiental existente que sexa relevante para o plan, incluíndo en particular os problemas relacionados con calquera zona de especial importancia ambiental.
  5. Obxectivos de protección ambiental fixados nos ámbitos internacional, comunitario ou nacional que garden relación co plan e a maneira en que estes obxectivos e calquera aspecto ambiental se tiveron en conta durante a súa elaboración.
  6. Probables efectos significativos no ambiente incluídos aspectos como a biodiversidade, a poboación, a saúde humana, a fauna, a flora, a terra, a auga, o aire, os factores climáticos, a incidencia no cambio climático (en particular unha avaliación axeitada da pegada de carbono asociada ao plan), os bens materiais, o patrimonio cultural, a paisaxe e a interrelación entre estes factores. Estes efectos deben comprender os efectos secundarios, acumulativos, sinérxicos, a corto, medio e longo prazo, permanentes e temporais, positivos e negativos.
  7. Medidas previstas para previr, reducir e, na medida do posible, compensar calquera efecto negativo importante no medio da aplicación do plan, incluíndo aquelas para mitigar a súa incidencia sobre o cambio climático e permitir a súa adaptación a este.
  8. Resumo dos motivos da selección das alternativas contempladas e unha descrición da maneira que e realizou a avaliación, incluídas as dificultades, como deficiencias técnicas ou falta de coñecementos e experiencia que puideran atoparse á hora de recompilar a información requirida.
  9. Programa de vixilancia ambiental no que se describan as medidas previstas para o seguimento do plan.
  10. Resumo de carácter non técnico da información facilitada en virtude dos epígrafes precedentes.
  11. Información cartográfica.
     

Capacidade técnica e responsabilidade

No estudo ambiental estratéxico deberase identificar o seu autor/es indicando a súa titulación e, no seu caso, profesión regulada. Ademais, deberá constar a data de remate e sinatura do autor.

Confidencialidade

O promotor deberá indicar que parte da información contida no documento presentado considera que debería gozar de confidencialidade.

Formato de entrega

A documentación do plan (escrita e gráfica) deberá estar adaptada ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

 

Documento/s relacionados
  • Estudo ambiental estratéxico na avaliación ambiental estratéxica ordinaria Descargar
Contacto/s relacionados