CMATI

|
|
|
Compartir

Mellores técnicas dispoñibles (MTD)

Considéranse como mellores técnicas dispoñibles (MTD) aquelas tecnoloxías utilizadas nunha instalación xunto coa forma en que a instalación estea deseñada, construída, mantida, explotada e paralizada, e sempre que sexan as máis eficaces para alcanzar un alto nivel de protección do medio no seu conxunto e que poidan ser aplicadas en condicións económica e tecnicamente viables.

Os documentos que recollen estas MTD no ámbito europeo son os denominados documentos BREF.

A nivel estatal, as guías MTD incorporan as técnicas que se consideran máis adecuadas, tendo en conta as peculiaridades de cada sector e as condicións ambientais específicas do noso país. O seu obxectivo é presentar de forma sinxela e aplicable estas MTD, incorporando avances e resultados obtidos e presentando información sobre a eficacia ambiental e os custos asociados das técnicas avaliadas en España, para que sirvan de complemento á información recollida nos BREF.