CMATI

|
|
|
Compartir

Participación pública

 O trámite de participación pública é fundamental no proceso de avaliación ambiental posto que dá oportunidade ás persoas interesadas para que contribúan á mellora ambiental daquelas actividades que poden afectar o ambiente.

Con carácter previo á emisión da declaración de incidencia ambiental dunha actividade, as administracións públicas afectadas, o público interesado e o público en xeral poden formular as observacións e suxestións de carácter ambiental que estimen oportunas a través do formulario informático habilitado nesta páxina web ou mediante escrito presentado no rexistro administrativo da xefatura provincial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que corresponda.

En calquera dos medios empregados deberá identificarse quen formula as observacións ou suxestións (nome da unidade administrativa, ou nome do colectivo, ou nome e apelidos da persoa), facilitando tamén os datos de contacto.

Pode consultar os proxectos en información pública premendo na seguinte ligazón.