Consonte co previsto no artigo 10.1 do Decreto 133/2008, unha vez que o expediente entra nesta Consellería o órgano que tramita o ditame de incidencia ambiental, é dicir, a Delegación Provincial correspondente, solicitará os informes oportunos á unidade competente para fixar os parámetros, límites e medidas correctoras en cada ambito (augas, atmósfera ....).
O Decreto entrou en vigor con data 22 de xullo de 2008 é, polo tanto, ratifícase a resposta dada con anterioridade.
En principio, non, agás que se dea algunha das características fixadas no Anexo II do Decreto 133/2008 relacionadas co territorio ou que teñan algún interese ambiental, o que permitirá cualificar as liñas de media tensión e os centros de transformación como sometidas ao procedemento da avaliación de incidencia ambiental, segundo o establecido no artigo 2.2 do Decreto.
En principio cos datos achegados coa consulta a dita actividade quedaría fóra da tramitación da incidencia ambiental. Non obstante, de apreciarse algunha outra circunstancia das indicadas no anexo II e non matizada na consulta (puntos 2 e 3) poderíase valorar e xustificar a súa inclusión na mencionada tramitación.
As actividades de ocio e entretemento e de restauración están excluídas do procedemento de avaliación da incidencia ambiental. Dende o punto de vista da incidencia ambiental o Decreto 133/2008 obriga a someter os expedientes de incidencia ambiental ó tramite de información pública , e a notificación persoal aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da localización proposta. O procedemento de exposición pública e notificación que contemplen as ordenanzas do Concello manteñen a súa vixencia.
Dado que ese tipo de instalacións non están nin incluídas nin excluídas expresamente do procedemento de avaliación da incidencia ambiental, poderán ser sometidas ao mesmo, segundo o artigo 2.2 do Decreto 133/2008.
A resposta dependerá da propia tramitación que lle dea o Concello á ampliación de actividade, é dicir, poderá ser cualificada como modificación substancial do artigo 3 do Decreto 133/2008, no caso de que o concello modifique a licenza que xa se posúe; ou se se engade unha nova licenza á xa posuída por consideralo como unha actividade nova que se engade á anterior sen modificala, haberá que analizar os Anexos do Decreto e, consecuentemente o seu ámbito de apliación definido no artigo 2.2.
Esta actividade non se atopa dentro das contempladas no anexo I. Haberá que ter en conta o previsto no artigo 2.2 e os criterios do anexo II para o sometemento ou non a dictame de incidencia ambiental.
Ademaís da autorización administrativa correspondente como xestor, as instalacións para as actividades de recollida, recuperación e eliminación de residuos, están sometidas a avaliación da incidencia ambiental, segundo o anexo I 1.11.1.
No tocante ás cabezas de gando: de superarse os mínimos previstos no punto 1.1 do Anexo I do Decreto 133/2008 si terán que pasar o procedemento de avaliación de impacto ambiental por tratarse dunha modificación substancial da actividade de conformidade co previsto no artigo 3 do Decreto.
No que atinxe ao viveiro forestal: a resposta dependerá da superficie da instalación e da potencia instalada: neste sentido, se se superan os 400m2 e 15kW si deberá pasar o procedemento de avaliación de incidencia ambiental segundo o previsto no artigo 2.2 do Decreto 133/2008 se se aprecia algunha das características establecidas no Anexo II do mesmo.