CMATI

|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

Dende os concellos actualmente se envía á CMADS para ditame e cualificación un anteproxecto( o mesmo que envían á CPTOPT-Urbanismo), proxecto básico ( código técnico de edificación), ou proxecto de execución (código técnico de edificación ), ¿ que tipo de proxecto técnico deben enviar os concellos á CMADS co novo decreto?

O que reflicta máis fielmente as características e parámetros que permitan a CMADS a avaliación da incidencia ambiental, e contemple a realidade do proxecto final.

Non logo atopar as INSTRUCCIONS TECNICAS para focos de emision (REGADE)

A cuestión formulada non é obxecto deste rexistro de consultas que atinxe, en exclusiva, as dúbidas que se suscitan tras a publicación do novo Decreto 133/2008, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental.

Quero saber que tipo de licenza se debe tramitar para a apertura de unha atividade que consiste en chegar a unha nave, con unha furgoneta cargada de pescado fresco, en caixas grandes e pasalas a outas mais pequenas para distribuir polas aldeas en fugonetas mais pequenas, tendo na nave unha camara frigorifica para meter o pescado sobrante.

Neste caso dependerá da potencia instalada e da superficie da instalación: se non se superan os 15kW de potencia contratada nin a súa superficie supera os 400 m2 estaría excluída segundo o punto 3.1 do Anexo III do Decreto 133. Pola contra, de superarse esos umbrais podería someterse ao procedemento de avaliación de incidencia ambiental, segundo o previsto no artigo 2.2 do Decreto 133/2008 se se aprecia algunha das características establecidas no Anexo II do mesmo.

a apertura dunha clinica odontolóxica ou médica de calquera tipo, réxese polo Decreto 133/2008?

Estas instalacións non están nin incluídas (Anexo I) nin excluídas (Anexo III) expresamente da tramitación segundo o Decreto 133/2008; polo tanto, haberá que valorar caso a caso os criterios recollidos no Anexo II por se podería resultar molesta, insalubre, nociva ou perigosa, de conformidade co artigo 2.2 do Decreto.

Se unha estabulación de gando vacún de leite supera as 20 cabezas de gando, segundo o Anexo I está sometida ao procedemento de avaliación de incidencia ambiental. Se ten menos de 9 está excluida, en aplicación do Anexo III. ¿Qué ocurre se ten, por exemplo, 15 cabezas de gando vacún de leite?

Ao quedar nun umbral intermedio nin incluída nin excluída expresamente poderá ser sometida segundo o artigo 2.2, e de conformidade cos criterios sinalados no Anexo III.

Nos envían el expediente administrativo, con el anuncio de información pública según el Decreto 133/2008, del proyecto técnico de la reforma de la instalación de calefacción centralizada para nueve viviendas, con caldera y depósito de gasóleo C situados en local de planta baja; situado dentro de la delimitación de la zona de protección del conjunto histórico. Mi pregunta es si este proyecto se tiene que someter al ámbito de aplicación del decreto de evaluación de incidencia ambiental, para generalizar y dar la misma repsuesta en toda la Comunidad Autónoma. Un saludo

Non se trata dunha actividade que necesite licenza.

Desde o Concello estase a tramitar a licenza para unha tenda de roupa de 500m2 cunha potencia inferior ós 15Kw. Segundo o apartado 3 do Anexo III, o límite de 15 Kw e 400 m2 ¿refírese únicamente as reparación de efectos personais (...) ou tamén ao comercio polo miudo?, ¿estaría incluida entón no procedemento de avaliación de incidencia ambiental?URXE CONTESTACIÓN. GRAZAS.

Non estaría sometida ao trámite de incidencia ambiental, toda vez que non se dan os dous condicionantes de superficie e potencia instalada.

Un taller para restauración de muebles de 145 m², en el que trabajan 3 personas, ¿está dentro del ámbito de aplicación del decreto?

Este tipo de instalacións atópanse no parágrafo 1.10.2 do anexo I de se alcanzar os consumos previstos. Non lle é de aplicación o factor superficie ao non alcanzar os 1.000m2, pero si lle sería de aplicación o procedemento regulado no Decreto 133/2008 se a potencia instalada superase os 250kw.

A licenza de actividade dun tanatorio está sometida ao procedemento de incidencia ambiental.

A instalación de tanatorio non está incluída expresamente no Anexo I do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, nin tampouco expresamente excluída no seu Anexo III, polo tanto, poderá ser sometida segundo o artigo 2.2, e de conformidade cos criterios sinalados no Anexo III.

Existe un modelo de acta de inspección ambiental, ou de comprobación, para autorizar o inicio dunha actividade sometida a AIA?

Non existe un modelo de acta específica para inspección da AIA, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible dispón dun modelo básico de acta de inspección para as inspeccións efectuadas polos inspectores desta Consellería que podería servir de modelo para as que se realicen en AIA polos concellos (Orde 13 de marzo de 2000. DOG 20 de marzo de 2000).

Subir