CMATI

|
|
|
Compartir

Certificación da validación de investimentos

Segundo a Lei 27/2014, de 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades, a partires do 1 de xaneiro de 2015, desaparece a dedución por inversións medioambientais.

 

As certificacións de validación de investimentos destinados á protección do medio ambiente son un incentivo fiscal que permite deducir ata un 10% do investimento realizado no imposto de sociedades, tal e como indica a lexislación aplicable para tal efecto.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental é o órgano competente para a emisión dos devanditos certificados. Estes certificados emítense tras un proceso no que se estuda o carácter ambiental dos investimentos para os que se solicita o certificado, compróbase que se acollen a algún plan, programa, convenio ou acordo coa Administración, e verifícase que estes fosen realizados e estean en condicións de funcionamento.

A solicitude do certificado de convalidación de inversións medioambientais leva asociado o pago dunhas taxas. Poden descargar o impreso de autoliquidación no seguinte enlace da Consellería de Facenda

Sendo ls códigos:

Consellería: Medioambiente e Ordenación do Territorio 15

Delegación: Servicios centrais 13

Servicio: Fomento e Control da Calidade Ambiental 20

Taxa: Certificado para desgravación fiscal por inversiónsmedioambiental 327500

Os precios poden consultarse no documento adxunto que aparece máis abaixo.