CMATI

|
|
|
Compartir

Solicitude

Toda persoa física ou xurídica que pretenda desenvolver unha actividade comprendida no anexo da Lei 9/2013 deberá solicitar ao órgano ambiental a emisión de declaración de incidencia ambiental.

Cando se trate da modificación substancial dunha actividade previamente autorizada, a solicitude e a documentación anexa deben referirse á parte ou partes da actividade afectada/s pola modificación. Incluirase na documentación un relatorio da actividade realizada na actualidade, o volume total de consumos e a produción total obtida coa modificación.

Documentación

  • Formulario de solicitude
  • Proxecto técnico redactado por técnico/a competente na materia, de ser o caso.
  • Memoria descritiva da actividade na que se detallen:
    • Os aspectos básicos relativos á actividade, á súa localización e repercusións no ambiente.
    • Os tipos e as cantidades de residuos, verteduras e emisións xerados pola actividade, e a xestión prevista para eles.
    • Os riscos ambientais que poidan derivar da actividade.
    • A proposta de medidas preventivas, correctoras e de autocontrol da incidencia ambiental.
    • As técnicas de restauración do medio afectado e o programa de seguimento da área restaurada nos casos de desmantelamento das instalacións ou cesamento da actividade.
    • As instalacións de gandaría intensiva, instalacións gandeiras de animais exóticos ou destinados a peletaría, así como os cubís e centros ecuestres con máis de 20 prazas, inseridos no catálogo de actividades sometidas a incidencia ambiental, incluirán na memoria descritiva da actividade un plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización. Nesta páxina web pode descargar a guía e a folla de cálculo necesarias para elaborar o dito plan.
    • Os datos que ao xuízo do/a solicitante gozan de confidencialidade amparada na normativa vixente.
  • Xustificante do ingreso da taxa correspondente

Formato de entrega

Do proxecto técnico e da memoria descritiva da actividade deberán presentarse un exemplar en papel e outro exemplar en soporte dixital (CD) con formato PDF.

A onde dirixirse

Tanto a solicitude como a documentación que a acompaña deberán dirixirse ao Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental da xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente correspondente á provincia na que se pretende desenvolver a actividade. 

Documento/s relacionados