CMATI

|
|
|
Compartir

Servizos de administración electrónica

- Solicitudes de axudas e outros procedementos administrativos:

Neste apartado o administrado pode acceder as solicitudes de axudas e subvencións ou calquer outro procedemento administrativo publicado pola consellería a través da sede electrónica de la Xunta de Galicia.
Ir a Procedementos e servizos

- Consulta de procedementos de contratación e convenios:

Este servizo permite a consulta en liña dos procedementos de contratación e convenios da consellería, cumprindo deste xeito co esixido no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

  • Procedementos de contratación: Pódense consultar todos os procedementos de contratación, tanto os que están abertos coma os que están pendentes de adxudicación ou adxudicados. Ir a Contratos públicos de Galicia
  • Convenios: Permite a consulta dos convenios subscritos entre a Consellería e diferentes entidades. Ir ao buscador de Convenios

- Xestión de residuos (SIRGa):

A través deste servizo, os cidadáns, empresas e administracións poden acceder a información sobre a xestión de residuos en Galicia, e tramitar por vía telemática diferentes procedementos administrativos.

  • Acceso á parte pública: Ir ao sitio
  • Acceso a usuarios rexistrados: o acceso privado de SIRGA vai dirixido a empresas ou particulares que estean inscritos ou en trámites de inscrición no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia. Como usuario rexistrado poderá consultar o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, consultar o estado dos expedientes e tramitar os documentos de traslado de residuos perigosos dentro do ámbito territorial de Galicia. Ir ao sitio

- Calidade ambiental. EPER Galicia:

A Directiva 96/61/CE de 24 de setembro de 1996 relativa á prevención e ao control integrados da contaminación (IPPC), establece no seu artigo 15 a obrigatoriedade de inventariar e subministrar información sobre os datos das principais emisións e as súas fontes responsables; para estes efectos, a Comisión publicou a Decisión 2000/479/CE, do 17 de xullo de 2000, relativa á realización dun inventario europeo de emisións contaminantes.Este conxunto normativo trasladouse á lexislación estatal mediante o artigo 8 da Lei 16/2002 polo que se incorpora ó ordenamento interno español a citada directiva.

  • Acceso á parte pública: Descrición do EPER, instalacións afectadas, normativa, etc Ir ao sitio
  • Acceso a usuarios rexistrados: está dirixido a titulares de instalacións que leven a cabo unha ou máis das actividades contempladas na citada lei, obrigados a notificar ao órgano ambiental competente da Comunidade Autónoma na  que estean localizadas os datos sobre as súas emisións, alomenos unha vez ao año. Ir ao sitio

- Rexistro Galego de Emisores de Compostos Orgánicos Volátiles (COV)

Sistema a través do cal os titulares das instalacións comprendidas no ámbito de aplicación do Real Decreto 117/2003 rexistran unha serie de datos necesarios para que a Administración Ambiental poda comprobar o cumprimento das obligacións establecidas por dita normativa.
Ir ao sitio

- Rexistro Galego de Emisores CAPCA

Ir ao sitio

- Investigación da calidade do solo en Galicia:

O Real decreto 9/2005, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados, supón o desenvolvemento normativo da Lei 10/1998 en materia de solos. Como primeira actividade, este real decreto obriga as empresas afectadas á preparación dun informe preliminar de situación. A data límite para a entrega deste informe é o 7 de febreiro de 2007.

  • Acceso á parte pública: Descrición da situación da investigación da calidade do solo en Galicia, normativa, etc. Ir ao sitio
  • Acceso a usuarios rexistrados: Os usuarios rexistrados accederán á zona restrinxida onde poderá cubrir o informe preliminar e o informe de autoavaliación. Ir ao sitio

- Autorización Ambiental Integrada e Avaliación Ambiental: publicidade de expedientes

A través deste servizo pode acceder a: