CMATI

|
|
|
Compartir

Plan Básico Autonómico

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 26 de xullo de 2018, acordou aprobar definitivamente o Plan Básico Autonómico (PBA) de Galicia, ao abeiro do disposto nos artigos 49 e 50 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 90 e seguintes do seu Regulamento, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

O Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan Básico Autonómico de Galicia, foi publicado no DOG núm. 162, do 27.08.2018, así como nos catro boletíns oficiais provinciais, en data 28.09.2018 (BOP A Coruña, núm. 186; BOP Lugo, núm. 224; BOP Ourense, núm. 224 e BOP Pontevedra, núm. 188).

Este instrumento de planeamento urbanístico ven a complementar o novo marco urbanístico co que o goberno da Xunta pretende impulsar unha ordenación responsable e sostible do territorio, co propósito de garantir un territorio ordenado.

O PBA é unha ferramenta dinámica que resulta indispensable para plasmar sobre o territorio a complexa realidade da normativa sectorial e dos instrumentos de ordenación do territorio, así como a identificación dos asentamentos de poboación existentes.

Asemade, constitúe o paso intermedio imprescindible para a elaboración dos plans básicos municipais para os concellos de menos de 5 000 habitantes que non contan cun instrumento de planeamento urbanístico xeral, dando así cumprida resposta á necesidade de dotar dunha ordenación básica á totalidade dos concellos de Galicia, co fin de que adquiran plena seguridade xurídica nas accións sobre o territorio.

No que atinxe ao alcance das súas determinacións, o PBA será de aplicación nos concellos que carezan de planeamento xeral e terá carácter complementario do planeamento municipal naqueles concellos que dispoñan del, para suplir as posibles indeterminacións e lagoas do planeamento municipal vixente. Ademais servirá como referencia para a elaboración dos plans xerais de ordenación municipal, cando se considere oportuno.

Finalmente, establece as disposicións xerais sobre os diferentes usos do solo e da edificación que resultan de aplicación común ás súas ordenanzas tipo particulares, que serán incorporadas nos plans básicos municipais en función das características propias de cada concello e das clases e categorías do solo. Asemade, estas ordenanzas tamén poderán ser utilizadas de xeito orientativo, como base ou referencia na elaboración dos plans xerais de ordenación municipal, cando se considere oportuno.

O PBA substitúe ás Normas complementarias e subsidiarias de planeamento provinciais aprobadas no ano 1991.


 

ACTUALIZACIÓN 2023_12

De conformidade co disposto no artigo 90.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e mais no seu propio decreto de aprobación, o PBA debe actualizarse cunha periodicidade mínima anual  en función dos cambios derivados das modificacións das afeccións sectoriais e da aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio, por canto constitúe unha peza viva, radiográfica do acontecer normativo que afecta ao territorio da Comunidade Autónoma.

Á vista disto, a información xeográfica do PBA é obxecto da súa quinta actualización mediante Resolución do 15 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (DOG núm. 241, 21.12.2023).

Ademáis, na infraestrutura de datos espaciais do PBA, que mantén a estrutura dun visor cartográfico único, habilítanse os seguintes cambios:

  • Deíxase de xenerar a serie planimétrica PDF a escala 1:250 000, que estaba dispoñible na ferramenta "Documentos PBA", por conter información redundante que replica á da serie planimétrica a escala 1: 10 000, pero con menor lexibilidade, e tamén, para evitar a desincronización coa información das capas conectadas ás bases de datos das infraestruturas espaciais doutros organismos.

O contido íntegro do PBA e da súa actualización está dispoñible nas ligazóns relacionadas ao final desta páxina.

O documento completo do PBA aprobado en 2018, así como as súas actualizacións, están dispoñibles para a súa descarga na web do Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, indicando no campo “Instrumento”: Plan Básico Autonómico.


 

DOCUMENTOS RELACIONADOS

1. Memoria xustificativa e anexos
    Memoria xustificativa (AD 2018)
    Memoria - Anexo I: marco legal Actualización 2023_12
    Memoria - Anexo II: fontes de información Actualización 2023_12
    Memoria - Anexo III: instrumentos de ordenación do territorio Actualización 2023_12
    Memoria - Anexo IV: listaxe de espazos naturais Actualización 2022_12
    Memoria - Anexo V: gráficos Actualización 2022_12
    Memoria - Anexo VI: análise de poboación Actualización 2022_12
    Memoria - Anexo VII: listaxe de asentamentos do PBA Actualización 2022_12
    Memoria - Anexo VIII: listaxe de núcleos derivados do planeamento Actualización 2023_12
    Memoria - Anexo IX-I: listaxe de bens de interese cultural de Galicia (BIC) Actualización 2023_12
    Memoria - Anexo IX-II: listaxe de bens do catálogo de patrimonio cultural de Galicia Actualización 2023_12

2. Planos a escala 1:10.000  (dispoñibles no visor do PBA)

3. Fichas do Catálogo de Patrimonio Cultural  (dispoñibles no visor do PBA)

4. Normativa e ordenanzas tipo (Decreto 83/2018)

5. Documentación ambiental (AD 2018)
    I. Estudo Ambiental Estratéxico (EAE)
    II. Resumo non técnico do EAE
    III. Medidas de seguemento ambiental do PBA
    IV. Extracto do PBA

6. Resolución do 15 de decembro de 2023 de actualización do PBA
    Resolución (DOG núm. 241, 21.12.2023)

 7. Histórico de resolucións de actualización do PBA
    Resolución do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 232, 17.11.2020), coas correccións de erros do 02.11.2020 (DOG núm. 232, 17.11.2020), e do 04.11.2020 (DOG nº 242, 01.12.2020)

    Resolución do 21 de decembro de 2021 (DOG núm. 19, 28.01.2022), coa corrección de erros do 14.03.2022 (DOG núm. 62, 30.03.2022)

    Resolución do 15 de decembro de 2022 (DOG núm. 242, 22.12.2022)

    Resolución do 15 de xuño de 2023 (DOG núm. 242, 22.12.2022)

 

Contacto/s relacionados
  • Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo :
    sxurb@xunta.gal

    Teléfono: 981 544 356