CMATI

|
|
|
Compartir

Plan Básico Autonómico

O Plan Básico Autonómico (PBA) de Galicia formulouse pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ao abeiro do disposto nos artigos 49 e 50 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 90 e seguintes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu Regulamento.

Este instrumento de planeamento urbanístico ven a complementar o novo marco urbanístico co que o goberno da Xunta pretende impulsar unha ordenación responsable e sostible do territorio, co propósito de garantir un territorio ordenado.

O PBA constitúe unha ferramenta dinámica que resulta indispensable para plasmar sobre o territorio a complexa realidade da normativa sectorial e dos instrumentos de ordenación do territorio, así como a identificación dos asentamentos de poboación existentes: permite dispoñer de toda a información relevante dende o punto de vista territorial, actualizada e de acceso universal, en todo o ámbito da nosa Comunidade Autónoma.

Asemade, constitúe o paso intermedio imprescindible para a elaboración dos plans básicos municipais para os concellos de menos de 5.000 habitantes que non contan con planeamento urbanístico, dando así cumprida resposta á necesidade de dotar dunha ordenación básica á totalidade dos concellos de Galicia, co fin de que adquiran plena seguridade xurídica nas accións sobre o territorio.

No que atinxe ao alcance das súas determinacións, o PBA será de aplicación nos concellos que carezan de planeamento xeral e terá carácter complementario do planeamento municipal naqueles concellos que dispoñan del, para suplir as posibles indeterminacións e lagoas do planeamento municipal vixente. Ademais, servirá como referencia para a elaboración dos plans xerais de ordenación municipal, cando se considere oportuno.

Finalmente, establece as disposicións xerais sobre os diferentes usos do solo e da edificación que resultan de aplicación común ás súas ordenanzas tipo particulares, que serán incorporadas nos plans básicos municipais en función das características propias de cada concello e das clases e categorías do solo. Asemade, estas ordenanzas tamén poderán ser utilizadas de xeito orientativo, como base ou referencia na elaboración dos plans xerais de ordenación municipal, cando se considere oportuno.

O PBA substitúe ás Normas complementarias e subsidiarias de planeamento provinciais aprobadas no ano 1991.

A formulación e aprobación do PBA axustouse ao procedemento establecido nos artigos 50 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 102 do seu Regulamento, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Nesta páxina ofrécese a posibilidade de consultar públicamente o visor SIX (sistema de información xeográfico) que permite navegar a través da planimetría oficial coa información do PBA e o visor de descargas, que permite descargar en formato PDF toda a súa documentación.

Os planos a escala 1:10.000 e as fichas de patrimonio cultural estarán dispoñibles en arquivos comprimidos para cada concello, no visor de descargas, mentres que o resto son descargas xerais comúns a todos os concellos dispoñibles na parte superior dereita do visor de descargas.


 

DOCUMENTOS RELACIONADOS

1. Memoria xustificativa e anexos
     Memoria xustificativa
     Memoria - Anexo I: marco legal
     Memoria - Anexo II: fontes de información
     Memoria - Anexo III: instrumentos OT
     Memoria - Anexo IV: espazos naturais
     Memoria - Anexo V: gráficos
     Memoria - Anexo VI: análise poboacional
     Memoria - Anexo VII: asentamentos nomenclátor
     Memoria - Anexo VIII: asentamentos Planeamento
     Memoria - Anexo IX-I: catálogo BIC
     Memoria - Anexo IX-II: catálogo BCPCG

2. Planos a escala 1:250.000  (na descarga de información do PBA)

3. Planos a escala 1:10.000  (na descarga por concello)

4. Fichas do Catálogo de Patrimonio Cultural  (na descarga por concello)

5. Normativa e ordenanzas tipo

6. Documentación ambiental
     I. Estudo Ambiental Estratéxico (EAE)
     II. Resumo non técnico do EAE
     III. Medidas de seguemento ambiental do PBA
     IV. Extracto do PBA

Ligazon/s relacionadas