CMATI

|
|
|
Compartir

Acondicionamento da contorna do Templo de Veracruz

Descrición:

O proxecto de acondicionamento da contorna da Igrexa de Veracruz é un proxecto basicamente de achegue vexetal a unha contorna (centro urbano do Carballiño) que carece en boa medida deste.

As peculiares condicións topográficas en que foi implantado o Templo de Veracruz e as modificacións habidas ao longo destes anos lévannos a resolver este desaxuste topográfico da forma que entendemos mellor para a contorna do Templo e máis funcional para o lugar, isto é, mediante un único plano que acompaña a pendente actual do Templo e en que se realizará o espazo arboledo proposto.

O achegue vexetal proxectado faise desde a perspectiva de que a súa implantación será unha mellora e cualificación espacial para a Igrexa e contorna, a situación e escala do arboledo en absoluto poderá competir coas dimensións do Templo. Deberán realizarse no futuro os traballos de mantemento adecuados para a vexetación proposta (arboledo) e, se fose necesario, controlar o crecemento a través de podas na inmediatez do Templo.

O segundo elemento incluído no proxecto é a "delimitación" ou "acotación" dun lugar que actualmente non posúe formalización espacial propia. A delimitación da contorna da Igrexa realízase mediante uns pequenos muros (existentes na actualidade nalgúns tramos) que resolven á vez tanto a definición dos límites físicos da contorna do Templo como a contención topográfica que debe levar a cabo.

Do mesmo xeito que a vexetación proposta non intenta competir coa Igrexa, os tramos de muros propostos en absoluto suporán un impedimento para a contemplación visual da mesma dada a súa escasa altura tanto exterior como interiormente.

Dótase á contorna do templo de cinco accesos, tres deles situados "a cota" ou con lixeiras ramplas e dúas (un deles o frontal) resoltos con tramos de escaleiras. Entendemos que con esta solución queda suficientemente garantida a accesibilidade ao mesmo, tanto a maioritariamente mais frecuente (peonil) como a ocasionalmente necesaria (rodada) a efectos de mantemento (traballos de xardinería, urxencias, etc.).

Para rematar indicar que o carácter "brando" da intervención proposta (tanto a efectos de semipavimentación como de arboledo) faise baixo a óptica da "reversibilidade" da actuación, feito este que cremos importante sinalar.

Redactor/a: Luis Garayzábal Pedrosa

Importe do convenio: 1.120.227,66 €

Provincia: Ourense

Concello: O Carballiño

Tipo proxecto: Contorna urbana

Subir