CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

POCTEP MIÑO_DESTINO_NAVEGABLE

Logo Minho navegable

Proxecto: 0686_MINO_DESTINO_NAVEGABLE_1_E 

O proxecto MIÑO_DESTINO_NAVEGABLE ten como obxectivos mellorar a navegabilidade do río Miño Internacional, poñer en marcha a xestión compartida do espazo da Rede Natura 2000 do Baixo Miño e aproveitar a existencia de patrimonio cultural e natural de alto interese turístico na bacía do Miño Internacional, asociado á especificidade da fronteira e convertendo ese potencial turístico nunha vantaxe competitiva fronte a outros destinos.

As actuacións permitirán posicionar o río Miño transfronteirizo, como un destino turístico de referencia, único e diferenciador, resultado da xestión sustentable e integrada do destino transfronteirizo e da diversidade cultural e natural do val do Miño. As actuacións van enfocadas á poboación transfronteiriza, ao incrementar a diversificación da economía local e ao mellorar a calidade ambiental da súa contorna. O proxecto permitirá tamén aumentar a conexión entre a poboación ao río e aos seus ecosistemas asociados, así como á concienciación da necesidade da súa conservación e valorización.

 

Obxectivos:

O obxectivo principal que se persegue é posicionar o río Miño transfronterizo, como un destino turístico de referencia, único e diferenciador, resultado da xestión sustentable e integrada do destino transfronteirizo e da diversidade cultural e natural do Baixo Miño.

 

Os obxectivos específicos son:

  • Adecuar as actuais condicións de navegabilidade, de mobilidade e transbordo do río Miño co propósito de crear as condicións idóneas para o pleno desenvolvemento de actividades fluviais de lecer e de turismo no Miño.

  • Poñer en marcha un sistema de alerta e control do nivel do Miño, que permitan a actuación conxunta en caso de inundacións do río, a mellora de seguridade e a sensibilización da poboación ante os riscos naturais.

  • Crear un Centro Transfronteirizo de Interpretación Ambiental do Río Miño Internacional, que permita mellorar a eficacia dos mecanismos de conservación, valorización, uso, xestión e promoción conxunta do corredor medioambiental do ZEC Baixo Miño, incrementando a valorización turística e económica dos servizos asociados.

  • Realizar actuacións de protección, estudo, documentación e fortalecemento da biodiversidade do LIC Miño.

  • Crear un roteiro transfronteirizo de interpretación da avifauna, debidamente sinalizada, que contribúa á promoción do turismo de natureza no territorio fronteirizo.

  • Organizar programas de voluntariado e actuacións de sensibilización e educación ambiental para a conservación do espazo natural conxunto.

  • Crear unha rede de puntos de información turística da rexión fronteiriza do Val do Miño que permita a consolidación do Destino Río Miño e a promoción conxunta da riqueza e diversidade do seu patrimonio cultural e natural.

  • Desenvolver ferramentas TIC, aplicadas ao turismo, como base de planificación e xestión dos recursos e difusión do destino.

  • Crear un produto turístico fluvial (acción piloto), a través da creación dun itinerario transfronteirizo estruturado en torno ao río Miño e que vertebre os seus principais valores naturais e culturais.

  • Fortalecer a cooperación entre os cidadáns e os municipios limítrofes, mediante a xestión compartida de instalacións, a través da consolidación das Eurocidades.

 

 

Orzamento:

O proxecto conta cun presuposto total de 1.151.355,68 €. Este proxecto conta coa axuda financeira do Programa POCTEP (Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal) a través do Fondo FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) da Unión Europea.

 

 

Calendario:

O proxecto desenvolverase ata o mes de abril de 2022. O calendario segundo actividades é o seguinte:

  • Actividade 1: Mellora da navegabilidade do Río Miño: 1º Trimestre 2019 a 2º Trimestre de 2022.

  • Actividade 2: Valorización do corredor ambiental do Río Miño Internacional: 3º Trimestre de 2019 a 1º Trimestre de 2022.

  • Actividade 3: Consolidación da Marca Visit Río Miño: 2º Trimestre de 2019 a 2º Trimestre de 2022.

  • Actividade 4: Creación da Ruta Fluvial do Río Miño: 2º Trimestre de 2019 a 4º Trimestre de 2021.

  • Actividade 5: Xestión e Coordinación: 1º Trimestre de 2019 a 2º Trimestre de 2022.

  • Actividade 6: Comunicación: 1º Trimestre de 2019 a 2º Trimestre de 2022

 

 

Socios:

Os socios do proxecto son 13, de Galicia e Portugal:

  • Concello de Salvaterra do Miño (beneficiario principal)

  • Concello de Tui

  • Dirección Xeral de Patrimonio Natural

  • Axencia Turismo de Galicia

  • Municipio de Monçao

  • Municipio de Valença

  • Turismo Porto e Norte de Portugal

 

 

Resultados:

Os resultados previstos do proxecto atópanse estreitamente vinculados ao incremento do número de ocupacións hostaleiras na área de cooperación. En liña co resultado perseguido polo programa estes resultados son:

  • Mellora da condicións de navegabilidade e transbordo do río Miño que permita o pleno desenvolvemento de actividades náuticas e fluviais de lecer e de turismo.

  • Mellora da seguridade e a prevención de riscos hídricos e sensibilización da poboación para os riscos naturais e o cambio climático.

  • Xestión e planificación conxunta e coordinada do corredor medio ambiental do LIC Baixo Miño/Rio Minho, resultando na mellora da protección, fortalecemento e uso sustentable do corredor medio ambiental do Miño.

  • Achegamento da poboación ao río e aos ecosistemas asociados e concienciación da poboación local na necesidade da súa conservación e valorización.

  • Consolidación do río Miño Internacional, como un destino turístico fluvial de referencia, único e diferenciador, resultante da posta en valor do seu patrimonio histórico, cultural e natural.

  • Sensibilización dos axentes turísticos rexionais/locais sobre o Destino Transfronteirizo Río Miño e os seus itinerarios turísticos.

  • Mellora do coñecemento sobre o patrimonio cultural e natural conxunto do Destino Río Miño e mellora da calidade das decisións dos actores turísticos da fronteira e dos xestores do destino.

  • Xestión sustentable, integrada e en rede do destino transfronteirizo e da diversidade cultural e natural do val do Miño.

  • Diversificación da económica local e mellora da calidade ambiental da súa contorna, a través da creación das condicións idóneas para o investimento público-privado de fomento da actividade náutica e do turismo, destinados ao desenvolvemento do potencial turístico do Río Miño, como destino fluvial.

  • Maior cohesión social e económica das aglomeracións urbanas transfronteirizas do Miño, e maior visibilidade cidadá para os logros da cooperación transfronteiriza de proximidade, resultantes do fortalecemento da capacidade institucional transfronteiriza e da consolidación e estreitamento de relacións no marco de posta en marcha das Eurocidades de Valença-Tui e Monção-Salvaterra.