CMATI

|
|
|
Compartir

Declaración de impacto ambiental (DIA)

O órgano ambiental resolve o procedemento ordinario de avaliación do impacto ambiental mediante a emisión da declaración de impacto ambiental (DIA).

Nesta declaración de impacto ambiental determínase a conveniencia ou non de realizar o proxecto en atención aos seus efectos ambientais e, en caso afirmativo, as condicións nas que se debe realizar para a adecuada protección do medio e dos recursos naturais. 

O órgano ambiental publicará na páxina web desta Consellería a declaración de impacto ambiental, previa pubicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) do correspondente anuncio.

Pode consultar as DIA emitidas premendo na seguinte ligazón.